O próximo xoves, día 25 de maio, ás 23.59 horas finaliza o prazo para inscribirse na V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2017, que se celebrará o próximo domingo 28 de maio. A carreira, que a súa saída está prevista para as 10.30 horas, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que estará o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta e o primeiro clube masculino e feminino na clasificación final. A entrega de premios está prevista para as 13.15 horas frente á sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. A categorías da proba abarcan dende os máis xóvenes ata os máis veteranos. Os adultos poderán apuntarse na web: www.emesports.es. A cuota para inscribirse na proba absoluta: 5 euros. E os escolares tamén poderán apuntarse en www.emesports.es. A inscripción nas categorías escolares é gratuita e o percorrido estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participan Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.
Articulos relacionados
Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:
enero 24, 2023 Comments are off 0 visitas
Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro ...
Lousame organizará unhas xornadas de familia e educación para previr a violencia de xénero dende o ámbito familiar
mayo 10, 2018 Comments are off 293 visitas
Susana López Abella presidiu a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero ...
Medio Ambiente solicita colaboración cidadá ante o notable incremento de depósito de mobles e electrodomésticos na rúa
julio 13, 2020 Comments are off 72 visitas
A empresa concesionaria da recollida do lixo achegoulle un informe no que se indica que ...